PlayStation 5 :: Así serán as súas portadas

PlayStation 5 :: Así serán as súas portadas

Sony vén de desvelar no seu blogue oficial como será a arte das portadas dos xogos de PlayStation 5. O certo é que non hai demasiadas sorpresas: o seu deseño será similar ao da actual xeración, pero mudará a cor da banda superior azul polo branco. O logotipo oficial será negro.

O xogo elixido para ilustrar a nova foi o xa anunciado Spider- Man: Miles Morales, unha das obras que estreará a nova máquina de Sony.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados