Microsoft Flight Simulator fixa o seu lanzamento e presenta as súas edicións de compra
Soñas con ser piloto? Quizais non sexa unha carreira ao alcance de todos, pero Microsoft quere que o ceo virtual si sexa un lugar que sucar sen maiores problemas. Os amantes da aviación poden xa coller rotulador e marcar no calendario unha data: 18 de agosto, lanzamento do Microsoft Flight Simulator, a nova entrega da coñecida franquía de simulación.
«Estamos moi honrados e emocionados polo apoio e dedicación que a comunidade de Flight Sim brindounos durante 38 anos. Desde o lanzamento do primeiro título de Microsoft Flight Simulator en 1982, sabiamos que estabamos no momento indicado para desenvolver a versión de próxima xeración de Flight Simulator. Contamos coas ferramentas, tecnoloxía, socios e hardware correctos para lanzar o simulador de voo máis realista e auténtico até esta data», explica Jorg Neumann, director do videoxogo. O título tamén estará dispoñíbel dentro do Xbox Game Pass o mesmo día doa súa estrea.
Tres edicións, tres billetes de avión
O simulador de voo poderá ser adquirido en tres formatos diferentes. O Estándar, por 69,99 euros —esta é a versión incluída no Xbox Game Pass—, que inclúe 20 avións e 30 aeroportos feitos cun coidado exquisito por parte do equipo de deseñadores; a Deluxe, por 89,99 euros, que incorpora cinco avións e aeroportos adicionais; e, por último, a Premium Deluxe, por 119,99 euros, con até dez avións e aeroportos máis que a edición básica.
A continuación, podes darlle unha ollada ao último tráiler publicado polos seus responsábeis.