Monográfico :: Death Stranding, o camiño faise a pé
Eis o monográfico mensual.
Adiantamos a súa saída un día. Primeiro, para celebrar que estaremos estes días pola Culturgal —e ao mellor non podemos subilo cando estaba planeado—, pero tamén queriamos dar unha sorpresiña nesta fin de semana.
Que xénero é? Onde falla? Onde acerta? Cal é a historia que conta?
Un monográfico onde opinamos e tratamos de afondar nunhas das obras dixitais da década.
Spoilers narrativos e de historia entre o minuto 45 e 1h 16 min.
By Hideo Kojima.
Non puxéchedes os temos nos que hai spoilers, ou polo menos eu non os atopo.
Ai!
Que ida de olla: Do min 45 ao 1h 16 min falamos da parte narrativa.
Desculpa!
Grazas! 🙂
Nunca xoguei a un MGS (non é que me chamen moito) pero creo que vai sendo hora de catar algunha obra de Kojima. Grazas ao podcast teño ganas de probar o Death Stranding :).