Naughty Dog segue a traballar no título multixogador de The Last of Us

Malia non ser un dos asuntos máis agardados polos seguidores e seareiros de Naughty Dog —o certo é que é un tema que pasa bastante inadvertido por norma xeral—, a compañía creadora de The Last of Us segue a traballar na súa versión multixogador.
A semana pasada, a desenvolvedora comentou que amosaría «contido completamente novo» para celebrar o The Last of Us Day, mais todo queouó en simple merchandising. O más relevante foi a carta aberta que o equipo compartiu coa comunidade:
En resumo, estamos a traballar niso: vemos os comentarios da comunidade, xa que moitos de vós clamades polo modo multixogador e queredes actualizacións. Por agora, diremos que amamos o que o equipo está a desenvolver e queremos darlles tempo para construír o seu ambicioso proxecto, revelaremos máis cando estea listo! Con ese fin, estivemos ocupados facendo medrar a nosa equipa desde o lanzamento de The Last of Us Parte II e actualmente estamos en pleno proceso de contratación para postos relacionados co multixogador (chiscadela, chiscadela)
Naughty Dog especificou hai un par de anos que a última aventura de Ellie non contaría con modo multixogador, coñecido na primeira entrega como Faccións, pero si que veriamos os «froitos da ambición online». Ademais, a compañía está a contratar novos perfís centrados na área multixogador. En fin, semella que algo hai, pero haberá que seguir esperando para ver realmente algo en movemento.