Actualidade O director de Dreams soña con poder publicar os mellores proxectos dos usuarios na PSN

O director de Dreams soña con poder publicar os mellores proxectos dos usuarios na PSN

Se hai un lugar no que os soños se poden facer realidade, este é Dreams. O novo título de Media Molecule, exclusivo de PS4, está a recibir unha gran acollida por parte do público e prensa, grazas ás súas ferramentas, coas que  podemos crear todo aquilo que a nosa imaxinación permita. Tanto é así, que xa se publicaron exemplos de como os usuarios son capaces de dar forma a recreacións, escenarios e elementos que ben poderían considerarse títulos independentes.

Polo menos iso é o que pensa Mark Haley, director de Dreams, nunha entrevista con VGC, na que sinala que os xogadores deberían poder vender as súas obras na PSN Store. «Deberiamos escoller algúns contidos máis brillantes e, a través de mocións, lanzalos como títulos independentes na PSN». Porén, Haley comprometeuse a tentar facer este soño realidade, malia que a monetización destes xogos supoñería «un balance delicado».

«Sería unha historia fantástica, ver como a comunidade foi quen de se desenvolver nun período de tempo tan curto. Xa hai cousas alí fóra que están preto de ser merecedoras dun posto en PSN, considero, así que, polo menos, estou seguro de que ocorrerá, farei que ocorra», sinala tamén na entrevista.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.