Actualidade O sistema Quick Resume permitirá manter até 12 títulos en repouso en Xbox Series X

O sistema Quick Resume permitirá manter até 12 títulos en repouso en Xbox Series X

Pouco máis dun mes sepáranos da chegada de Xbox Series X aos nosos fogares e numerosos medios tiveron acceso á nova consola de Microsoft. Unha das funcións máis interesantes que se probaron é a de Quick Resume, un sistema que permite manter en suspensión varios títulos ao mesmo tempo para retomalos facilmente.

Porén, parece ser que o número de xogos que poderemos ter pausados variará. VentureBeat apunta a que lograron manter 4 xogos pausados, sendo algúns deles Sekiro: Shadows Die Twice ou No Man’s Sky. Doutra banda, GameSpot detalla que superaron esa cifra situándoa en 6.

Foron os responsábeis de ArsTechnica os que espremeron esta función até os seus límites. Grazas a unha combinación entre títulos de Xbox, Xbox 360 e Xbox One, lograron manter en repouso até 12 xogos, podendo retomar cada un cando quixesen.

As esperas para volver tomar o control do xogo en pausa sitúase ao redor dos oito segundos, un tempo moito menor que a demora por iniciar un xogo desde o principio.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.