Actualidade Os creadores de Suikoden lanzan un Kickstarter para Eiyuden Chronicle

Os creadores de Suikoden lanzan un Kickstarter para Eiyuden Chronicle

Rabiit & Bear Studios, compañía fundada por varios dos responsábeis de Suidoken, anunciou o desenvolvemento dunha continuación espiritual do clásico JRPG. Co nome de Eiyuden Chronicle: Hundred Heroes preséntase un xogo de aroma clásico, moi dos noventa, con exploración e combates nun ambiente 2.5D.

Para a súa creación e financiamento, o estudio fará uso dun Kickstarter que comeza hoxe, 27 de xullo, e no que buscarán recadar medio millón de dólares. A historia do xogo correrá a cargo de Yoshitaka Murayama, o director, produtor e guionista das dúas primeiras entregas. Junko Kawano (Suikoden 1) deseñará os personaxes, tamén está implicado Osamu Komuta (Suikoden Tierkreis, Suikoden Tactics, Arca Last) y a direción de arte será cousa de Junichi Murakami (Castlevania: Aria of Sorrow). A banda sonora incluirá temas de diversos compositores como Motoi Sakuraba (Tales of) ou Michiko Naruke (Wild Arms), entre outros.

Un dos elementos máis destacables do título será o seu cadro de personaxes, que contará con 100 heroes únicos, cada un co seu sistema de habilidades, e todos poderán ser incluídos no equipo do protagonista nunha historia de guerra e amizade. Se todo vai segundo o planeado, Eiyuden Chronicle chegará a PC no outono de 2022. En función dos obxectivos de Kickstarter podería chegar tamén a consolas.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.