Patreon :: Revista Morcego lanza a súa campaña de financiamento

Patreon :: Revista Morcego lanza a súa campaña de financiamento

Así é. Desde hoxe, 1 de setembro, poderás apoiar economicamente Revista Morcego e ser parte activa da páxina. Como? A través do seu proxecto en Patreon, unha plataforma dixital que permite realizar a subscrición mensual dunha cantidade fixa de cartos. No noso caso, poderás colaborar desde os 2 dólares —preto de dous euros—.

Nesta plataforma, moi habitual e usada á hora de buscar apoios económicos por creadores e publicacións dixitais, cando un realiza un pago convértese nun patreon que, na maioría dos supostos, recibirá algún tipo de beneficio. No caso da Revista Morcego será poder acceder ao noso podcast con dous días de antelación, recibir un programa monográfico especial ou votar directamente os contidos que queres ver na revista, entre outros. Segundo a cantidade de diñeiro achegada, recibirás uns, outros ou todos. Todo isto está perfectamente detallado na páxina.

Que queremos cubrir con este Patreon?

  • Os gastos derivados da páxina (servidores anuais, dominio, posibles cambios de deseño…)
  • Poder pagarlle aos colaboradores que contribúen co seu tempo e as súas creacións
  • A mellora de todos os elementos da páxina (máis artigos diarios, máis reportaxes, máis firmas invitadas, podcasts máis longo…)
  • Medrar, ser un medio con todas as letras.

Malia que a páxina está en inglés, posúe un sistema de menús bastante intuitivo. O investimento que fagas é cobrada o día 1 de cada mes.

Contamos convosco. A supervivencia de Morcego non depende deste proxecto, aínda que si o seu crecemento e melloría. Grazas por estar aí, nesta cova, colgados tamén do teito.

Calquera dúbida, non dubides en preguntar en [email protected].

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.