Stadia confirmará data, xogos e prezo este verán

Stadia confirmará data, xogos e prezo este verán

Poucos proxectos tecnolóxicos relacionados co entretemento fixeron reaccionar ao público, tamén á industria, como o anuncio de Stadia, a plataforma de xogo na nube de Google. A compañía confirmou o que era un secreto a voces ou, máis ben, unha suposición necesaria: este verán coñeceremos as características concretas do seu lanzamento; a saber, data de chegada, catálogo e prezo.

A compañía californiana anunciou a través de Twitter que en cuestión de semanas, meses como moi tarde, explicaría e faría públicos estes tres datos crave que definirán a súa aposta polo mundo do videoxogo.

É de esperar que no E3 deste ano Google faga a súa aparición. É unha idea que xa deixou caer no pasado e que encaixaría perfectamente dentro dos seus plans de futuro. Tamén a Gamescom é viable. Diversos analistas estiman o seu prezo de saída nos 20 euros mensuais. Porén, pronto se irán despexando todas as incógnitas ao redor de Stadia.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.