Actualidade The Lord of the Rings: Gollum déixase ver a través dunhas espectaculares imaxes

The Lord of the Rings: Gollum déixase ver a través dunhas espectaculares imaxes

O camiño pola Terra Media achégase máis que nunca coas novas imaxes The Lord of the Rings: Gollum, que chegará a Xbox Series X, Play Station 5 e PC no 2021. A obra de J.R.R. Tolkien recibirá unha nova adaptación ao mundo dos videoxogos, na que teremos a ocasión de encarnar ao famoso personaxe da saga que reclama o seu anel.

O estudio responsábel deste título é Daedalic Entertainment, editora doutras obras como Deponia ou Shadow Tactics: Blades of the Shogun. A aposta xogábel virará ao redor das posibilidades narrativas que ofrecerá escoller entre Sméagol e Gollum. «Cada personalidade ataca á outra e ambas as dúas deben defenderse, polo que haberá unha decisión final que será máis difícil para Sméagol, por exemplo, se sempre favoreciches o punto de vista de Gollum até o momento», revelou un produtor do equipo de desenvolvemento.

Iso si, o xogo contará con mecánicas coñecidas por toda a comunidade como o sixilo, rubir ou enganar a outros personaxes.

Preme nas imaxes para ampliar

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.