Actualidade The Pathless, o novo dos creadores de Abzu, anuncia a súa data de lanzamento

The Pathless, o novo dos creadores de Abzu, anuncia a súa data de lanzamento

Nova data para un novo título de Annapurna Interactive. Nesta ocasión é a quenda a The Pathless, a obra creada por Giant Squid e que xa foron responsábeis de Abzu.

Anunciado a finais do 2018, teremos que manexar a unha moza explorando o seu mundo, deslizándonos polos outeiros a velocidades vertixinosas e aproveitando as zonas de plataformas mentres resolvemos diversos quebracabezas xunto á nosa aguia compañeira.

Será o vindeiro 12 de novembro cando The Pathless chegue a PC, PS4 e PS5.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.