The Pokémon Company pecha o ano fiscal cuns beneficios de récord

The Pokémon Company pecha o ano fiscal cuns beneficios de récord

The Pokémon Company segue no camiño de ser unha galiña dos ovos de ouro. A compañía xaponesa volveu rexistrar este ano fiscal unhas cifras récord de beneficios, superando os resultados do ano. A empresa logrou chegar até os 204.000 millóns de yenes —1.600 millóns de dólares estadounidenses— en ingresos, con 41.000 millóns de yenes —322 millóns de dólares— en canto a beneficios netos e 204 000 millóns de yenes —1600 millóns de dólares— de ganancias operativas.

Os datos, cómpre lembralo, son os do ano fiscal, é dicir, os que aconteceron entre o 1 de abril do 2021 e o 31 de marzo do 2022. De entrada, abonda dicir que as vendas aumentaron un 70 % respecto ás do ano pasado —ten sentido polo contexto dos lanzamentos—, cunha subida de gamamcoas metas dun 123 % interanual.  Así é, Pokémon Snap, Pokémon Unite e Pokémon Diamante Brillante e Pokémon Perla Relucente e Lendas Pokémon: Arceus fixeron algo máis que funcionar no mercado. Xa só as revisións da cuarta xeración venderon 14,65 millóns de copias.

Restaría sumar o de sempre: merchandising, cartas, licencias varias, películas, series… E o futuro semella ben bonito para a compañía xaponesa, pois está por chegar a novena xeración con Pokémon Escarlata e Pokémon Púrpura, coa Península Ibérica como inspiración para o seu escenario.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados