Actualidade The Witcher 3 achégase aos 30 millóns de copias vendidas após un xenial 2019

The Witcher 3 achégase aos 30 millóns de copias vendidas após un xenial 2019

Cun Cyberpunk 2077 preparando a súa chegada para dentro duns meses e coa mente posta no futuro para un novo título do universo de Geralt de Rivia, CD Projekt RED continúa colleitando grandes cifras con The Witcher 3. Cinco anos despois do seu lanzamento, o xogo de fantasía e mundo aberto roza os 30 millóns de copias vendidas. Este dato, que xa podería cegar a calquera, ten maior relevancia tendo en conta que 2019 foi o ano máis exitoso para o xogo desde 2015.

12,4 millóns en PC, 10,8 millóns en PS4, 4,3 millóns en Xbox One e 700.000 unidades en Nintendo Switch, para completar 28,2 millóns de xogos vendidos. Tan só en 2019 foron vendidas 5 millóns de copias e en xuño alcanzáronse as 20 millóns, polo que o empurrón final ten varios motivos: a chegada da serie de Netflix e o lanzamento da versión de Nintendo Switch; ambos os dous elementos motivaron notablemente o interese na franquía.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.