Unha filtración desvela as novas Oculus Quest 2 de Facebook

Pequeno descoido o que sufriu Facebook. Unha serie de vídeos sobre a súa nova tecnoloxía de realidade virtual filtráronse antes de tempo, polo que xa coñecemos en detalle as Oculus Quest 2 que se van a presentar ao longo desta semana.
As especificacións das lentes da compañía estadounidense son as seguintes:
- Procesador Qualcomm Snapdragon XR2.
- 6 GB de RAM.
- Case 2 K de resolución por ollo, un aumento de máis do 50% respecto ás Quest 1.
- Audio posicional 3D.
- Melloras ergonómicas no mando.
- Almacenamento de 256 GB opcional.
Todos aqueles títulos lanzados para Oculus Quest funcionarán na súa irmá maior, que conta cunha cinta que facilita o colocarse as lentes, ademais de reducir considerablemente o seu tamaño.