Actualidade 13 Sentinels: Aegis Rim chegará a Switch o 12 de abril

13 Sentinels: Aegis Rim chegará a Switch o 12 de abril

Atlus acaba de anunciar que 13 Sentinels: Aegis Rim tamén poderá ser xogado en Nintendo Switch. E non tardaremos moito en poder facelo. O 12 de abril do 2022 é a data escollida para a súa chegada á eShop.

A versión para a consola híbrida non parece incluír ningunha novidade específica, sendo o mesmo título que saíu en PlayStation 4 o ano pasado. Certamente, semella ser máis que suficiente, pois crítica e público colocárono como un dos grandes ‘tapados’ do ano, aínda que acabase colocando máis de medio millón de copias, o que ben pode dar unha mostra da súa calidade.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.