Actualidade The Medium aterrará en PlayStation 5 o 3 de setembro

The Medium aterrará en PlayStation 5 o 3 de setembro

The Medium, o título de terror de Bloober Team, anunciou a súa chegada a PlayStation 5 este 3 de setembro. Logo de medio ano como exclusivo de Xbox, o título chegará tamén á nova xeración de Sony, con funcións novas para o DualSense e unha edición física. Segundo a propia compañía, a versión de PS5 permitirá novas experiencias grazas á resposta táctil e os gatillos adaptativos.

A obra de Bloober Team déixanos controlar a unha protagonista con poderes sobrenaturais e é capaz de moverse entre dous mundos, coa idea de desvelar unha serie de misterios. Cunha duración de entre 8 e 10 horas, The Medium foi presentado como un dos primeiros xogos para a nova xeración con críticas maiormente positivas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.