Actualidade Microsoft, Nintendo, Ubisoft e EA estarán na Gamescom 2020

Microsoft, Nintendo, Ubisoft e EA estarán na Gamescom 2020

A feira de videoxogos máis importante de Europa, a Gamescom, ten a súa celebración marcada en vermello no calendario: do 25 ao 29 de agosto en Colonia. Os seus responsábeis, o grupo Koelnmesse, fixeron pública a listaxe inicial de expositores que xa confirmaron a súa presenza dentro da mesma.

É unha lista máis que notable, contando cos principais estudios e compañías do mundo, como Capcom, EA, Bandai Namco, Nintendo, SEGA ou Ubisoft. Tamén estarán Nintendo e Microsoft. Sony perfílase, tal e como se converteu na tónica habitual, como a grande ausente. O pasado ano a firma xaponesa si estivo entre as participantes.

A Gamescom deste ano poderíase definir como un dos eventos clave dentro do circuíto de mostras e exposicións. Apenas tres meses despois, a nova xeración de consolas ten prevista a súa aparición, polo que o escenario de Colonia aparece como un dos lugares idóneos para ensinar a última man de cartas antes da aposta final.

A lista completa de participantes confirmados é a seguinte:

  • Astragon Entertainment
  • Bandai Namco Entertainment
  • Bethesda Softworks
  • Capcom Entertainment
  • CD Projekt RED
  • Electronic Arts
  • ESL Gaming
  • Kalypso Media
  • Koch Media
  • Mediamarkt
  • Microsoft / Xbox
  • My.com
  • NCSoft
  • Nintendo
  • Sega
  • THQ Nordic
  • Twitch
  • Ubisoft
  • Wargaming
  • Alternate
  • AORUS (Gigabyte
  • BenQ
  • Caseking
  • Corsair
  • Kingston Technology
  • Medion
  • Omen
  • Samsung
  • Trust
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.