Actualidade Grounded, de Obsidian, chegará en early access a finais de xullo

Grounded, de Obsidian, chegará en early access a finais de xullo

Durante o Inside Xbox desta semana, Obsidian Entertainment desvelou a data para a estrea de Grounded, o seu novo título despois de The Outer Worlds. O 28 de xullo chegará a PC e Xbox One en early access.

A nova obra do estudio californiano é o primeiro exclusivo de Xbox após pasar a formar parte de Microsoft en 2018. Como será? Un multixogador de supervivencia en primeira persoa no que entraremos na pel duns nenos que deberán sobrevivir no xardín de casa. Si, seremos dun tamaño minúsculo.

A versión de acceso anticipado estará dispoñíbel no Xbox Game Pass Ultimate e Steam Early Access.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.