Google quere que probes Stadia Pro durante dous meses gratis
Chamaba nas portas dos xogadores pedindo a revolución, pero Google Stadia quedou lonxe de ser un elemento de relevancia no mercado. É pronto, precisa medrar ensinar ao mundo o seu servizo dunha maneira máis eficaz, por iso a compañía norteamericana vén de decidir que durante dous meses os usuarios poderán probar o seu sistema Pro. O servizo de xogo na nube de Google abre as súas portas e só require dunha conta en Gmail e unha conexión a Internet.
¿Que ofrece Stadia Pro? dispoñíbel en 14 países diferentes, todos os usuarios que se rexistren por primeira vez en Google Stadia recibirán dous meses gratis de acceso á plataforma, o que permite xogar un catálogo de xogos de balde que se amplía cada mes, moi na liña do visto no Xbox Game Pass, por exemplo, e que tamén permite xogar a resolución 4K nos xogos compatíbeis, sempre que haxa suficiente ancho de banda. Após estes dous meses, Stadia Pro custará 9,99 euros ao mes.
Con Google Stadia un usuario pode xogar en calquera pantalla con acceso a Chrome: un móbil, unha tablet, un televisor con Chromecast… Tamén é posible comprar xogos alén do catálogo ‘de balde’ como Red Dead Redemption 2, DOOM Eternal ou Final Fantasy XV.
Para ayudarte a disfrutar de tu tiempo en casa y jugar online con tu familia y amigos…
✨¡Abrimos Stadia a todo el mundo! ✨
Además, recibirás dos meses gratis de suscripción a Stadia Pro, que incluye el acceso gratuito a varios juegos. ??https://t.co/Cc9EwbZchW
— Stadia España (@GoogleStadiaES) April 8, 2020