The Last of Us Parte II achega un novo tráiler sobre a súa historia
A falta de pouco máis dun mes para a súa chegada a PS4, The Last of Us Part II quixo regalar un pequeno aperitivo do que nos agarda nesta continuación da obra de Naughty Dog. Após o atraso que sufriu o xogo pola crise do coronavirus e sufrir unha filtración masiva do contido do título, a compañía mantívose firme e puido confirmar o 19 de xuño como a súa data definitiva de lanzamento.
Neste novo adianto podemos coñecer algúns detalles sobre a historia. A relación entre Joel e Ellie semella que pasará por algunhas dificultades que poñerán a proba a súa unión. Namentres ocorre isto, Ellie terá que enfrontrar un novo grupo de inimigos que se interpoñerá no seu camiño para lograr o seu obxectivo. Sixilo, acción e supervivencia serán unha vez máis as chaves dun xogo que promete ser unha das sensacións de Sony para este ano.