Konami leva as melodías de Castlevania até Spotify
Que as bandas sonoras son parte indispensable e fundamental de calquera videoxogo é algo máis que sabido. Así, cando unha compañía decide incorporar a Spotify unha boa colección de cancións que antes puidemos escoitar nunha partida, só queda darlle ao ‘play’. No caso de Konami, as notas parten desde a lenda vampírica de Castlevania. Exacto, as cancións de mitos como Castlevania: Symphony of the Night ou Rondo of Blood chegaron á plataforma musical.
Por desgraza, non foron incluidas as relacionadas coa saga Lords of Shadow, as entregas desenvolvidas por Mercury Steam baixo a batuta de Óscar Araujo. Estarán no futuro? Konami non se pronunciou respecto disto, polo que quizais teñamos que esperar.
Coa música na cabeza, sería un luxo imaxinar que a compañía xaponesa decide retomar a franquía e volver facer aquelas talentosas producións que soubo realizar hai décadas. Polo momento, nada se sabe sobre este asunto.
We know how much you all love the soundtracks to our games, so we’ve put them all in one place!
Introducing the KONAMI Europe @Spotify account! Follow us to keep up-to-date as we add new playlists and old favourites – starting with #Castlevania! https://t.co/aIV8njP7pR pic.twitter.com/Nb7nSMhe2I
— KONAMI Europe (@konamieu) May 20, 2020