Konami presenta Skelattack, o seu novo e atractivo plataformas en 2D
Despois dun tempo sen novas sobre proxectos de Konami, hoxe chegou ás tendas dixitais a súa nova obra. Skelattack é o nome do título desenvolvido xunto co estudio Ukuza e semella estar dentro do xénero de plataformas de acción en 2D. Teremos que entrar nos ósos de Skully, un recentemente falecido que xunto coa súa compañeira morcego terán que salvar o mundo dos mortos dun grupo de humanos que secuestrou a Blue Flame.
Sen riscos nin pretensións, Skelattack amosa un apartado visual atractivo e que se erixe como un dos seus principais alicientes. O título atópase dispoñíbel para PS4, PC, Xbox One e Nintendo Switch por un prezo de 19,99 euros.