Actualidade Spider-Man chegará como personaxe exclusivo para os xogadores de PlayStation en Marvel’s Avengers

Spider-Man chegará como personaxe exclusivo para os xogadores de PlayStation en Marvel’s Avengers

Os xogadores de PlayStation recibirán un novo personaxe de forma exclusiva en Marvel’s Avengers. Como non podía ser doutro xeito, Spider-Man será o invitado principal para o xogo de Crystal Dynamics. O trepamuros chegará de forma gratuíta após o lanzamento, tal e como se anunciou con Hawkeye.

Nesta ocasión entraremos na pel do Peter Parker deste novo universo e non será o mesmo personaxe que vimos no título de Insomniac Games. Malia que o superheroe non recibiu unha data concreta para a súa chegada, Marvel’s Avengers si que desembarcará o 4 de setembro en PS4, Xbox One e PC. No futuro recibirá unha actualización gratuíta para Xbox Series X e PS5.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.