Xbox Games Pass amplía catálogo con FF VIII, Gears Tactics e outras obras
Microsoft acaba de anunciar a próxima remesa de videoxogos que se unirán ao seu servizo Xbox Game Pass. De entrada, paga a pena lembrar que todo o catálogo de EA Play pasará a estar dispoñible dentro da plataforma de Microsoft sen custo adicional coa estrea de Xbox Series X|S —en PC tamén, mais a partir do 15 de decembro—.
Sexa como for, atopamos entre as novidades títulos first party como Gears Tactics ou Halo 4 na Master Chief Collection, a nova expansión de Destiny 2 ou a remasterización de Final Fantasy VIII.
Doutra banda, a compañía anunciou que coa subscrición ao Game Pass Ultimate poderase obter un beneficio a maiores: 30 días de subscrición a Disney+ que se poderán utilizar a partir do 2 de xaneiro. This is the way.