League of Legends dálle a benvida a Gwen co parche 11.8
Riot Games cumpriu e o parche 11.8 de League of Legends xa está disopoñíbel para a súa descarga. A actualización obrigatoria do xogo trae novidades e cambios no xogo, aínda que o apuntamento máis rechamante sexa a incorporación de Gwen, a nova campioa do MOBA.
Alcumada a Costureira Consagrada, o novo personaxe vai armada con tesoiras, agullas e fío. Tamén, aproveitando o novo evento Onda Espacial, estrearase cunha skin alternativa, por se sentides a tentación de modificar o seu aspecto.
Como manda a tradición, o parche tamén inclúe algúns axustes nuns cuantos campións, como Annie, Gnar, Orianna, Thresh e Yorick, que agora son algo máis débiles; namentres que Le Sen, Rammus ou Zac, entre outros, saíron fortalecidos coa chegada da actualización.
Se queres revisar todas as notas do parche, aquí podes facelo . Que non te pille por sorpresa.