Essays on Empathy :: Un recompilatorio de dez experiencias narrativas de Deconstructeam
Devolver Digital volverá traballar de xeito conxunto con Deconstructeam para a publicación dos seus novos traballos. Si, en plural. O estudio valenciano responsable de The Red Strings Club e Gods Will be Watching teñen proxectado ‘estrear’ até dez historias narrativas baixo o título Essays on Empathy.
O recompilatorio inclúe dez pequenos obras, nove delas xa coñecidas e que puideron ser xogadas ao longo dos últimos anos e unha nova: De Tres al Cuarto. Trata sobre dous cómicos que buscan alcanzar a fama.
Ademais, o pack tamén inclúe bosquexos, documentos de deseños orixinais e un documental creado para a publicación de Essays on Empathy. Doutra banda, tamén dispoñeremos de dúas horas de música orixinal de Paula Ruiz (fingerspit). O 18 de maio estará dispoñible en PC.
A listaxe completa do recompilatorio tela a continuación:
- Underground Hangovers
- Supercontinent LTD
- Behind Every Great One
- Eternal Home Floristry
- The Bookshelf Limbo
- Zen and the Art of Transhumanism
- Engolasters January 2021
- 11:45 A Vivid Life
- Dear Substance Of Kin
- De Tres Al Cuarto