Actualidade Bethesda publica unha precuela de balde de Ghostwire Tokyo con formato de visual novel

Bethesda publica unha precuela de balde de Ghostwire Tokyo con formato de visual novel

Bethesda fixo oficial o lanzamento dun nuevo título do estudio Tango Gameworks, responsables de Ghostwire: Tokyo, e que funcionará como unha precuela deste mesmo.

Trátase dunha visual novel gratuíta que leva por título Ghostwire: Tokyo – Prelude e ten como protagonista a KK, un dos personaxes da aventura principal.

Xa podes descargada desde a PlatyStation Store, tanto para PS5 como para PS4. O vindeiro 8 de marzo tamén estará dispoñible en PC, a través da Epic Games Store.

Paga a pena lembrar que o xogo principal chegará o 25 de marzo, contando con versións para PS5 e PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.