Tencent non logra introducir PUBG no mercado chinés
O xigante chinés Tencent non conseguiu que PlayerUnknown’ s Battlegrounds entre no mercado chinés. A empresa tecnolóxica interromperá hoxe a versión de testeo coa que levaba traballando dende hai meses no país oriental. O motivo non é outro que as medidas tan estritas dos organismos reguladores do propio goberno. Tras agardar un ano polo seu beneplácito, este non chegou e decidiron tirar a toalla.
China non terá PUBG. Un fracaso comercial para Tencent e BlueHole dado o potencial evidente que ten o mercado do país asiático, e que pronto alcanzará a cifra de os 354 millóns de xogadores de PC. O xogo chegaría a estas terras cun «lavado de cara socialista» segundo comentouse aos medios no 2017, para así poder contentar aos organismos que aplican as leis locais dentro dos videoxogos e as súas temáticas.
Segundo parece, a versión anticipada deste PUBG funcionou moi ben entre os usuarios e agardábase con moitísima gana o lanzamento oficial. Porén, xa non se producirá, modificando os plans iniciais de Tencent, que agora se verá na obriga de levar a base de usuarios conseguida ao Game for Peace, un título esteticamente diferente ao de BlueHole pero cunha premisa battle royale similar.