Actualidade Path to Mnemosyne, con selo español, xa ten data de saída

Path to Mnemosyne, con selo español, xa ten data de saída

DevilishGames vén de anuncialo. Path to Mnemosyne verá a luz en Steam o próximo 26 de setembro, tanto para Windows como para Mac. Terá un prezo de 9,99 euros, e contará con un desconto do 10 % durante os primeiros días dende a súa saída.

O estudo español publicou recentemente un tráiler de lanzamento para celebrar a chegada do novo título ao mercado. Xa só resta contar os días para gozar da súa obra.

Reláxate, vacía a túa mente, activa os teus sentidos e sumérxete na hipnótica aventura Path to Mnemosyne na procura das lembranzas perdidas”. É a mensaxe de benvida coa que DevilshGames recibe a aqueles que se interesen en Steam pola súa obra. Un xogo diferente no visual, cunha deriva cara unha aventura de estilo único grazas ao seu zoom infinito. O xogador camiñará a través dese pasaxe co obxectivo de explorar e poder recuperar as súas lembrazas. Como? Resolvendo decenas de imaxinativos rompecabezas.

Unha misteriosa historia cunha narrativa minimalista, aderezada tamén cun apartado gráfico terriblemennte imaxinativo á par que interesante. Ata onde chegará o camiño?

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.