Actualidade The Outer Worlds cumpre e aumenta o tamaño dos subtítulos e textos

The Outer Worlds cumpre e aumenta o tamaño dos subtítulos e textos

Obsidian Entertainment prometeu solucionar algúns dos erros que The Outer Worls trouxo de lanzamento tras as queixas dos usuarios. O estudo non defraudou. Após pedir un pouco de tempo, o RPG recibe unha nova actualización. O parche 1.1.1.0 xa está dispoñible en todas as plataformas e corrixe diversos problemas.

Aínda que as notas do parche poden ser consultadas nos foros da compañía, a maior das novidades é un engadido dentro do menú de configuración que permitirá axustar o tamaño dos textos. A fonte seleccionada aplicarase a diálogos, terminais e subtítulos. Foi un dos reclamos máis repetidos despois da aterraxe dunha obra que está triunfando entre crítica e público, e que vén de conseguir un nomeamento a Xogo do Ano dentro dos Game Awards.

Outros erros corrixidos son diversos bugs ou glitches que afectaban á experiencia, como congelamientos ou crasheos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.