Among Us 2 confirma a súa creación e ofrece detalles após o éxito recente do orixinal

Among Us 2 confirma a súa creación e ofrece detalles após o éxito recente do orixinal

Among Us viu a luz no 2018, pero non sempre o éxito chega co lanzamento. Dous anos despois da súa saída, o xogo experimentou un enorme empurrón grazas a diversos creadores de contido que o elevaron como un dos mellores entretementos para estes días. Por un prezo de menos de catro euros, até dez xogadores poden asistir a toda unha película de suspense e traizón, onde dúas deles son impostores con sede de sangue e o resto deberá pescudar a súa identidade.

Nas últimas horas, a obra de Innersioth marcou un récord de 125.000 usuarios simultáneos dentro da plataforma de Valve. Agora, o estudio confirmou que farán unha sequela. A través do seu bloge, explican o difícil que é engadir contido novo ao título orixinal, polo que directamente farán un xogo novo. «Honestamente, dá medo engadir novidades porque o xogo é moi fráxil […] En realidade, é aínda máis difícil que, sinxelamente, facer un xogo novo», explican os creadores.

Os creadores ven Among Us 2 como unha evolución do primeiro, na que esperan manter a súa frescura e sinxeleza, pero engadindo unha chea de novidades. Por exemplo? Partidas de até 15 xogadores, o que abre a porta para haber 3 asasinos, e melloras no apartado social, para que todo sexa máis intuitivo. A cousa non acabaría aí, tamén incluirían máis roles e outras sorpresas.

Ademais do xa comentado, o estudo explica que todo aquel que teña o xogo orixinal gozará dun cupón de desconto para a secuela, que será gratuíta en móbiles. Con todo, e aínda que o futuro pase pola continuación, os seus servidores seguirán abertos mentres haxa suficientes xogadores para encher as partidas. Cando chegará a secuela? Innersioth explica que tardou medio ano en entrar en beta e outro medio saír dela, estiman que será un tempo similar. É dicir, o ano que vén deberiamos botar as primeiras partidas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.