Actualidade Ancestors ofrece data de lanzamento nun novo adianto

Ancestors ofrece data de lanzamento nun novo adianto

Chegan novos detalles sobre Ancestors: The Humandkind Odyssey, o proxecto ao que Patrice Désilets, coñecido polo seu pasado en Ubisoft, continúa a dar forma de cara ao seu lanzamento. Nel trataremos de lograr a supervivencia custe o que custe dun clan de homínidos que loita nunha contorna hostil, chea de perigos naturais. Chegará o 27 de agosto para PC, mentres que as versións de PlayStation 4 e Xbox One deberán esperar ata decembro.

E si, ese lanzamento primerizo en PC vén acompañado dun acordo de exclusividade temporal coa tenda de Epic. No caso da plataforma de Valve, os usuarios deberán agardar un ano enteiro para poder adquirir o xogo en Steam.

O novo adiante en vídeo contén imaxes inéditas ata agora e tamén declaracións do propio Désilets, que se mostra moi ilusionado de poder levar a cabo un proxecto tan vistoso e orixinal como é Ancestors. O certo é que o título vai collendo unha forma máis que apetecible.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.