Actualidade Aparecen as primeiras cifras de ingresos que xera o Xbox Game Pass

Aparecen as primeiras cifras de ingresos que xera o Xbox Game Pass

Os documentos aportados no caso da compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft permitiron ao mundo coñecer as primeiras cifras oficiais de ingresos do servizo de subscrición Xbox Game Pass. Oficialmente, a compañía de Redmond nunca aportou datos nese sentido, polo que os cartos que move este servizo son un tanto misteriosos.

Segundo os datos presentados ante o CADE (Consello Administrativo para a Defensa Económica) brasileiro, Xbox Game Pass xerou uns ingresos de 2.900 millóns de dólares durante o período fiscal rematado en xaneiro do 2021. É máis que probábel que este ano superen esa cifra, xa que naquel intre Game Pass contaba con 18 millóns de subscritores, no 2022, en xaneiro tamén, contaba con 25 millóns

O servizo de subscrición suporían un 18 % do total dos ingresos da división Xbox, que se sitúan en 16.280 millóns de dólares. Respecto ao groso dos ingresos de xogos e servizo, que se sitúa en 12.581 millóns de dólares, supón un 30 %. Non son malas cifras e permiten establecer certas hipóteses de futuro.

Iso si, hai un dato relevante á hora de interpretar os datos. Esa cifra de 2.900 millóns só está a facer referencia aos servizos relacionados coas consolas, é dicir, faltaría por contabilizar os ingresos desde PC Game Pass, o que podería disparar os ingresos de boa maneira.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.