Actualidade Atari VCS quere sumar xogos grazas a unha elevada repartición de beneficios

Atari VCS quere sumar xogos grazas a unha elevada repartición de beneficios

A Atari VCS ten planeadoa a súa estrea o vindeiro ano, en marzo. Ben é certo que o seu éxito dependerá do catálogo co que aterre e a súa capacidade para atraer estreas futuras. A empresa norteamericana detrás desta máquina ten claro que non quere fracasar, e anunciou unha suculenta repartición de beneficios na venda de xogos, por encima do habitual. Tamén inclúe un incentivo para lanzamentos exclusivos.

Segundo o comunicado publicado por Atari, as obras que cheguen en exclusiva á súa plataforma levarán un 88 % da facturación xerada. O resto de estreas obterán o 80 %. En comparación con outras plataformas o cálculo é sinxelo, pois a maioría de consolas e tendas dixitais ofrecen unha repartición próxima ao 70 % —Epic Games Store é a que empresa que máis marxe dá aos estudios—.

A compañía norteamericana comenta que estivo traballando con varias empresas ao longo dos últimos meses para crear contido «emocionante». É probábel nas próximas semanas vaian saíndo algúns nomes de títulos e aplicacións que se están a crear para este sistema.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.