Back 4 Blood xa ten máis de 6 millóns de xogadores

A través dun comunicado nas súas redes sociais, Turtle Rock Studios anunciou que Back 4 Blood xa superou os 6 millóns de xogadores. Apenas tardou dúas semanas en conseguilo. «Grazas por todo o voso arduo traballo, Cleaners! Con tantos Cleaners do noso lado deteremos os Ridden en pouco tempo», reza a mensaxe que colgaron na súa conta oficial de Twitter para celebralo.
Thanks for all your hard work, Cleaners! With this many Cleaners on our side, we'll stop the Ridden in no time. #Back4Blood pic.twitter.com/quA8A4hWNo
— Back 4 Blood (@back4blood) October 26, 2021
Sucesor espirutual da saga Left 4 Dead, o título logrou atraer un bo grupo de xogadores de todo o mundo xa desde a súa fase de probas, aló polo 5 de agosto, intre no que lanzou a súa beta e reuniu a case 100.000 usuarios. O seu éxito antollábase evidente. Doutra banda, a súa aparición no Xbox Game Pass tamén favoreceu a curiosidade dos xogadores, que foron catando a súa acción desenfreada e cooperativa.
Back 4 Blood xa está dispoñible para Xbox One, Xbox Series X e S, PlayStation 4, PlayStation 5 e PC.