Actualidade Back 4 Blood xa ten máis de 6 millóns de xogadores

Back 4 Blood xa ten máis de 6 millóns de xogadores

A través dun comunicado nas súas redes sociais, Turtle Rock Studios anunciou que Back 4 Blood xa superou os 6 millóns de xogadores. Apenas tardou dúas semanas en conseguilo. «Grazas por todo o voso arduo traballo, Cleaners! Con tantos Cleaners do noso lado deteremos os Ridden en pouco tempo», reza a mensaxe que colgaron na súa conta oficial de Twitter para celebralo.

Sucesor espirutual da saga Left 4 Dead, o título logrou atraer un bo grupo de xogadores de todo o mundo xa desde a súa fase de probas, aló polo 5 de agosto, intre no que lanzou a súa beta e reuniu a case 100.000 usuarios. O seu éxito antollábase evidente. Doutra banda, a súa aparición no Xbox Game Pass tamén favoreceu a curiosidade dos xogadores, que foron catando a súa acción desenfreada e cooperativa.

Back 4 Blood xa está dispoñible para Xbox One, Xbox Series X e S, PlayStation 4, PlayStation 5 e PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.