Actualidade Bandai Namco distribuirá Cyberpunk 2077 en Europa

Bandai Namco distribuirá Cyberpunk 2077 en Europa

Se xa tiña distribuidor en Estados Unidos (Warner Bros), os directivos de CD Projekt RED confirmaron esta mañá quen será a empresa elixida para levar Cyberpunk 2077 por Europa adiante. Bandai Namco e CD Projekt RED chegaron a un acordo de colaboración para facer achegar o seu novo título a 24 países.

Así o confirmou Michal Nowakowski, responsable do departamento de negocios do estudio polaco, que opina que esta decisión está baseada nas férreas raíces e bo facer de Bandai Namco, así como a confianza desenvolta en anteriores proxectos coma The Witcher 2: Assassins of Kings y The Witcher 3: Wild Hunt.

Desta maneira, Bandai Namco será a responsable de vender Cyberpunk 2077 en Alemania, Andorra, Austria, Bélxica, Chipre, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Mónaco, Malta, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, San Marino, Suecia e Suiza.

Ás palabras de Nowakowski súmanse as de Alberto González Lorca, executivo en Bandai Namco no sur de Europa, ao sinalar que a compañía polaca acadou, en cuestión de anos, o fito de ser un dos estudios máis importantes do mundo grazas á visión que teñen dos videoxogos. Agradece tamén a confianza de CD Projekt RED e asegura que traballarán arreo na idea de sacar adiante un dos xogos máis ambiciosos da historia.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.