Actualidade
Bayonetta 3 amosa novo tráiler e sinala o 28 de outubro para o seu lanzamento
Hoxe o mundo é un lugar mellor. Así é, temos data para Bayonetta 3 e novas imaxes do título. O 28 de outubro queda marcado no calendario.
O vídeo amosa diversos personaxes que xa coñecemos, como a mesma Bayonetta, ou Rodin e Luka; tamén coñecemos a Viola, «unha aprendiz de bruxa armada cunha espada que non se anda con caralladas e que conta co veleidoso demo Cheshire como compañeiro»; e que será unha personaxe xogable.
E os malos? Os Homúnculos, armas biolóxicas creadas polo home, tal e como sinalan desde o comunicado oficial. Aquí queda o vídeo: