Actualidade Bloodstained recibirá un parche con importantes melloras para Switch

Bloodstained recibirá un parche con importantes melloras para Switch

Bloodstained: Ritual of the Night está a ser un éxito para a crítica e a gran maioría do público. O seu lanzamento só tivo un puno negativo debido á peculiar versión de Nintendo Switch, que non está á mesma altura que as outras plataformas (PlayStation 4, Xbox One e PC). O equipo de Koji Igarashi non fixo oídos xordos e púxose a choiar de inmediato para melloraren o título na consola da gran N. O parche que recibirá nos días vindeiros incluirá cambios na configuración do mapa, correccións de bugs e melloras de rendemento para todas as plataformas  dispoñibles.

El título está gozando de una recepción más que notable.

En concreto, a versión de Switch é a que máis melloras recibirá, ou, ao menos, así se especifica na páxina de Kickstarter do título. Destaca a corrección de certos puntos do xogo onde o HD Rumble non funciona correctamente, do mesmo xeito que a eliminación de certos fallos que poden bloquear a aventura. Así mesmo, mellorouse o retardo de entrada de comandos, a estabilidade e as optimizacións. Porén, o equipo de técnicos responsable de Bloodstained seguirá a traballar en todos estes e outros elementos para acabar de puír a súa nova xoia.

Con agarimo e respecto, Igarashi e os seus piden paciencia á comunidade. «A actualización 1.01 publicouse en Switch antes do lanzamento para engadir contido e mellorar o rendemento. Non conseguiu tanto como nos gustaría e necesitamos facer máis», explicou hai uns días o director. Aínda que os erros foron comentados en alto pola comunidade, o certo é que a versión da máquina híbrida alzouse como a máis exitosa, vendendo un 60 % máis que as outras dúas consolas de sobremesa xuntas.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.