Actualidade

Overcooked, novo xogo de balde da Epic Game Store
Outro misterio para o que xa temos solución. Overcooked é o título gratuíto sorpresa que a Epic Games Store tiña preparado para esta semana.
A obra de Ghost Town Games defínese como unha experiencia xenial para xogar en compañía, do mesmo xeito que a súa continuación, que chegou o verán pasado. Como é costume, Overcooked estará dispoñíbel sen pagar un peso ao longo de sete días.
E o seguinte xogo de balde cal será? Polo momento aparece de novo como un enigma, pero SNK indicou que entre o 11 e o 18 de xuño, Samurai Shodown: Neo Geo Collection estará gratís na tenda de Epic.