Actualidade Borderlands 3 non se perderá a festa da nova xeración cunha actualización de balde

Borderlands 3 non se perderá a festa da nova xeración cunha actualización de balde

Non faltará o último gran shooter-looter desta xeración nas novas consolas. Borderlands 3 chegará a PS5 e Xbox Series X/ S de xeito totalmente gratuíto grazas a unha actualización para o título. Ademais, todo o progreso realizado nas partidas poderá serlle transferido aos dispositivos de nova xeración.

Entras as novidades que se implementarán atópase o modo cooperativo para catro persoas a pantalla partida, así como a opción de xogar a 4K e 60 frames nas partidas en solitario. Esta actualización poderán ser gozadas o mesmo día de lanzamento nas dúas consolas: o 10 de novembro para Xbox Series X/ S e o 19 de novembro para PS5.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.