CD Projekt RED confirma que Cyberpunk 2077 terá multixogador

CD Projekt RED fixo oficial que Cyberpunk 2077 terá un apartado multixogador. Non estará dispoñíbel o día do seu lanzamento, en abril do próximo ano, senón que haberá que esperar un tempo por el. Canto? Polo menos uns meses, xa que primeiro os polacos dotarán ao xogo dun DLC que aumente a historia orixinal.
Ora ben, o estudio non revelou detalles en profundidade de como funcionará este modo multixogador, aínda que si aproveitou o momento para explicar que están a contratar persoal para traballar neste elemento. Hai unhas semanas, CD Projekt RED confirmaba o seu interese en crear un modo que permitise a varios xogadores gozar da experiencia de Cyberpunk 2077 de xeito conxunto, pero que aínda non tiñan claro que querían ou como o querían. Semella que resolveron as dúbidas.
«Até o de agora, o único que dixeramos é que o multixogador estaba a ser estudado. Pero conforme vaise achegando o lanzamento da experiencia para un só xogador de Cyberpunk 2077 o 20 de abril, gustaríanos confirmar que estamos a traballar no multixogador!», compartiron nas redes sociais. «De momento o plan é ofrecer Cyberpunk 2077 en abril, seguido de DLCs (de balde!) e contidos para un só xogador. Unha vez quede feito, convidámosvos a un chisco de acción cooperativa»
1/2 Until now, the only thing we said about multi was that it was in R&D. As we’re getting closer to launching ‘single player’ Cyberpunk 2077 in Apr. 2020, we’d like to confirm that multiplayer's in the works! If you feel like lending us your skills apply: https://t.co/QQV6qsuvhk pic.twitter.com/GHbiS5N3DT
— CD PROJEKT RED (@CDPROJEKTRED) September 4, 2019