Cyberpunk 2077 fará uso da retrocompatibilidade da nova consola de Microsoft

Cyberpunk 2077 fará uso da retrocompatibilidade da nova consola de Microsoft

CD Projekt RED deixou as cousas claras desde o anuncio das características oficiais de Xbox Series X. Cyberpunk 2077 fará uso de Smart Delivery, unha ferramenta que permite a compra de xogos interxeracionais entre Xbox e Xbox Series X.

Que significa isto? Que todo aquel que compre unha copia do título do estudio polaco poderá tamén xogalo na futura xeración sen custo adicional; é máis, recibirá as melloras pertinentes cando a versión potenciada para a nova xeración faga a súa aparición. Todos os xogos de Xbox Game Studios farán uso deste sistema.

Cyberpunk 2077 chegará ás tendas o próximo 17 de setembro para PC, PS4 e Xbox One.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados