Actualidade Cyberpunk 2077 presenta o seu parche 1.5 e as versións next-gen de PS5 e Series X|S

Cyberpunk 2077 presenta o seu parche 1.5 e as versións next-gen de PS5 e Series X|S

CD Projekt RED publica este martes, 15 de febreiro, o ansiado parche next-gen de Cyberpunk 2077, que achegará unha boa cantidade de cousas. O parche 1.5 permitirá xogar con resolución ata 4K dinámica e escoller entre dous modos, rendemento e calidade. Veremos tamén os tempos de carga reducidos, amais de diversas melloras visuais e técnicas.

A compañía polaca segue na carreira por facer do seu título futurista o videoxogo definitivo que prometía ser, por iso tamén anunciaron bastante contido gratuíto para todas as versións, como a personalización —mudar de peiteado e aspecto durante a partida— e a posibilidade de mercar novo apartamentos para V, protagonista da aventura. Tamén máis armas e algúns retoques na árbore de habilidades —despois do parche deberás redistribuír todos os puntos de habilidade que teñas—.

Doutra banda, os responsábeis do xogo han explicado que a IA dos inimigos foi mellorada e o seu comportamento en combate e fóra del debería ser moito máis dinámico e interesante.

Todas estas melloras terán un peso de 50 GB que é o que pesa o parche que xa está dispoñible en PC, PlayStatioon e Xbox. Se tes unha das consolas de nova xeración tamén podes probar cinco horiñas do xogo, que poderás continuar logo desde onde o deixaches se estás convencido de seguir coñecendo o mundo de Cyberpunk.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.