Actualidade Dauntless estréase con éxito pero con colas de tres horas

Dauntless estréase con éxito pero con colas de tres horas

Bo recibimento a Dauntless, o free to play de Phoenix Labs, que se viu totalmente desbordado polo interese xerado na comunidade. Tras oficializar a súa estrea nas diversas plataformas nas que está dispoñible, os usuarios quixeron darlle unha oportunidade, aínda que para iso moitos tiveron que esperar colas de máis de tres horas para poder entrar en acción.

Detrás deste título con fortes referencias á saga Monster Hunter e que pretende ser unha alternativa gratuíta á mesma, atópanse ex-empregados de Riot Games, BioWare ou Blizzard. Vaia, que hai calidade detrás do nome máis aló das boas intencións.

A pesar das longas colas, o xogo conta agora con 4 millóns de xogadores e ábre as portas a esa loita por non morrer de éxito e lograr fidelizar a todos os recentemente chegados. Dispoñible para PC (a través de Epic Games Store), PlayStation 4 e Xbox One, a idea de Phoenix Labs é saír airosos destas primeiras semanas a pesar das esperas. Chegará a Nintendo Switch a finais de ano.

A continuación, tes  a tradución dun dos seus últimos comunicados: «Predicir a saturación do servizo e a escala do testeo é moi difícil. Os nosos plans iniciais xa tiñan en conta un longo fluxo de xogadores; fixemos, de feito, numerosas probas tanto en Dauntless como nos seus distintos servizos. O problema é que é difícil saber como van funcionar as cousas ata que a xente métese. Estamos constantemente traballando para optimizar o matchmaking, a capacidade dos nosos servidores e outros problemas co servizo. Se queredes saber o estado de todo isto, a mellor maneira é que sigades noso Twitter e a nosa páxina específica para iso».

En Dauntless o obxectivo é cazar grandes bestias.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.