Actualidade Day’s Gone durará unhas 30 horas, seis de cinemáticas

Day’s Gone durará unhas 30 horas, seis de cinemáticas

O 26 de abril teremos que estar moi atentos, xa que stá por chegar unh apocalipse. Day’s Gone, título desenvolto por Bend Studio, chegará ás nosas PlayStation 4 de maneira exclusiva. A través do protagonista, Deacon, subirémonos á nosa moto e percorreremos as estradas de Estados Unidos tentando sobrevivir ás tremendas hordas de zombies que están a agardar por nós.

Como non, é importante saber canto tempo estaremos aos mandos (da moto) e por fin temos a información a man. Segundo informa Gamereactor, a campaña do título terá unha duración de 30 horas, tal e como confirmaron os propios  creadores de Bend Studio.

Teremos que facer fronte a hordas de zombies pero nada comparable ao primeiro día de rebaixas en Steam.

A pesar diso, debemos tomar con cautela esta información, xa que o resultado final da partida pode variar de aquí ao lanzamento do título. A iso hai que engadir o ritmo propio ao que xoga cada usuario, o cal pode facer aumentar ou diminuír esta cifra. Iso si, do que non nos imos librar ningún é das, aproximadamente, 6 horas de  cinemáticas que inclúe o xogo. Preparade os flocos de millo.

Por se aínda non coñecedes este título ou queredes facervos unha idea de como loce, aquí tendes un gameplay co que poder decidir se queredes aventurarvos no mundo hostil que propón Sony.

Juan Sanmartín
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *