Actualidad A secuela de The Legend of Zelda: Breath of the Wild atrásase até a primavera do 2023

A secuela de The Legend of Zelda: Breath of the Wild atrásase até a primavera do 2023

Non teremos un novo Zelda no 2022, ou polo menos non será a sequela de The Legend of Zelda: Breath of the Wild, o título de acción e mundo aberto recoñecido por ser un dos grandes fitos do videoxogo.

Anunciado para este ano, Eiji Aonuma, produtor da serie Zelda, foi a persoa escollida para anunciar que non será posíbel velo publicado neste 2022 tal e como estaba previsto. O executivo tamén pediu desculpas.

Na súa declaración, o traballador xaponés explica que o equipo está traballando «duro» e que se trata dunha aventura que transcorrerá entre a terra e o ceo, con novas mecánicas.

En fin, haberá que seguir agardando para poder gozar coa continuación cun dos grandes títulos de Nintendo Switch e, máis que probablemente, da historia da industria do videoxogo. Un ano pasa rápido.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.