Actualidad Blizzard anunciará a nova expansión de World of Warcraft a semana que vén

Blizzard anunciará a nova expansión de World of Warcraft a semana que vén

Blizzard anunciou que a próxima semana será de enorme interese para todos aquelas que seguen habitando o universo de World of Warcraft —e que provocará algunha que outra recaída, de seguro—, pois presentarán a nova expansión do título. Como é habitual será a través dun evento dixital o martes 19 ás 18 horas.

«World of Warcraft acendeu imaxinacións a través da narrativa rica e os mundos expansivos que prevalecen en toda a expansión Shadowlands […] Agora que a historia de Shadowlands chegou á súa conclusión, é hora de botar unha ollada a que vén a continuación para os heroes de Azeroth», explican desde a compañía.

Segundo algúns rumores, pode que o nome desta expansión sexa o de Dragonflight, pero oficialmente non foi revelado, polo que haberá que agardar algúns días. Cómpre lembrar que esta será a primeira actualización deste tipo para o WoW desde a compra de Blizzard, agora en mans de Microsoft. Porén, se temos en conta o tempo de desenvolvemento é evidente que xa estaba no forno no intre da adquisición, porén, haberá que ver como decide a compañía de Redmond distribuír e editar esta expansión.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.