Actualidad NieR: Automata chegará a Nintendo Switch o 6 de outubro

NieR: Automata chegará a Nintendo Switch o 6 de outubro

Square Enix acaba de anunciar a chegada de NieR: Automata a Nintendo Switch, aterraxe que sucederá o 6 de outubro deste mesmo ano. O anuncio foi realizado a través dun simple tráiler durante o último Direct Mini. A versión que chegará é a de The End of YoRHa Edition.

Alén deste anuncio, a compañía xaponesa tamén indicou que o título leva vendidas máis de 6,5 millóns de copias, o cal só pode confirmar ou dar conta da calidade que pode atopar un neste videoxogo, recomendado sempre nesta cova. Boa nova para os donos dunha híbrida —ou portátil só— da Gran N.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.