Actualidade Estes son os streamers de Twitch que máis cartos conseguiron en 2019

Estes son os streamers de Twitch que máis cartos conseguiron en 2019

Alén de que Twitch non chegou a cumprir as previsións financeiras do último ano, as cifras que move a plataforma de streaming continúan abraiando. P0r iso LittleLoans, unha empresa especializada na análise de mercado, creou unha listaxe na que podemos comprobar cales foron os streamers que máis cartos fixeron grazas aos seus subscritores.

Os cálculos resultaron moi sinxelos, xa que unicamente se tivo en conta o diñeiro a ingresaren por parte das subscricións, desprazando da ecuación á publicidade ou as doazóns. Grazas á plataforma TwitchTracker, puidéronse recoller datos como os subscritores mensuais dos creadores de contido, que tipo de subscrición posúen e reflectindo por último que o 70 % dos ingresos diríxense aos streamers, mentres que o 30 % restante é absorbido por Twitch.

Desta forma, púidose realizar a seguinte lista, composta polos dez streamers que máis cartos conseguen grazas aos seus seguidores:

  • 1. Nickmercs – 1,516,358$
  • 2. Tfue – 1,414,518$
  • 3. TimTheTatman – 1,378,412$
  • 4. DrDisrespect – 1,189,073$
  • 5. MOONMOON – 1,172,007$
  • 6. xQcOW – 1,186,742$
  • 7. Summit1 G – 1,104,044$
  • 8. AdmiralBahroo – 1,134,809$
  • 9. DrLupo – 993,468$
  • 10. MontanaBlack88 – 824,737$

LittleLoans mesmo achega outros datos de relevancia como que o creador de contido con máis seguidores e subscricións anuais é Tfue mentres que o streamer que posúe máis subscritores é xQcOW. Algúns datos máis curiosos son a aparición da primeira muller na lista, Amouranth, que se atopa no posto 34 e o primeiro streamer español é Rubius, situado no posto 45.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.